Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan artisticamente avanzada como Paleta Planeta. Antes do que imaxinado, este libro...
Leer descripción completa
18,25€
Solo quedan 9
Información
Descripción
Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan artisticamente avanzada como Paleta Planeta. Antes do que imaxinado, este libro foi vivido ao longo das múltiples viaxes e experiencias dos seus autores. Tratan nel o universo das cores abordando as súas dimensións psicolóxica, física e cultural: atravesando a experiencia sinestésica e debullando as diversas capas de significado edúcase a sensibilidade visual, creativa e emocional.
Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida.
'Paleta Planeta' traballa o gusto polo xénero poético, a conexión entre as artes, un cosmopolitismo nada eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas.
Santiago de Compostela, 1977. É poeta e crítica literaria. Deuse a coñecer no mundo das letras nos anos 90 con poemas soltos e pequenos poemarios. Con "Vivimos no ciclo das erofanías" acadou o Premio de la Crítica de Poesía Gallega. Publicou ademais poesía infantil e xuvenil, participou en volumes colectivos e dirixiu a revista "Valdeleite". Ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas e participou en foros poéticos e encontros de poesía por toda a xeografía galega e estatal. Obras súas foron traducidas ao castelán, catalán, inglés, francés, alemán, ruso e árabe.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión