Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto.
Pero iso vai cambiar.
Durante un terrible incendio perde...
Leer descripción completa
14,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto.
Pero iso vai cambiar.
Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre.
E isto é o principio.
Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.
Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016), «4 xinetes» (2017) e «Os ecos do lume» (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión