Os días felices de Benvido Seixas

Os días felices de Benvido Seixas

Editorial
Edicións Xerais
Materia
Gallego (galego) | Galicia, Comunidad Autónoma de | Ficción moderna y contemporanea
Colección
Edición Literaria - Narrativa
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Nº páginas
184
ISBN
978-84-921250-8-1
EAN
9788492125081
Dimensiones
230 x 155 mm.
Peso
324
Fecha publicación
09-05-2019

Autor

EDUARD VELASCO publicou os poemarios Ruído de trens (2015) e O filósofo coxo (2017). O relato «Taxidermia», inserido no volume colectivo A garza insomne, foi a súa primeira proposta narrativa. Traduciu do catalán ao galego as novelas Pan negro, de Emili Teixidor e As valgadas bravas, de Raimon Casellas. Do galego ao catalán trasladou dúas pezas de Vicente Risco: os relatos «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros» e «Os europeos en Abrantes» e mais a novela O porco de pé. Cofundou e rexentou, xunto á poeta Alicia Fernández, a libraría Chan da Pólvora, en Santiago de Compostela, cidade na que viviu ata marchar á Ribeira Sacra, onde se dedica á viña e á recuperación dos castiñeiros familiares.

Sinopsis

Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo? Os días felices de Benvido Seixas é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.