Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasand...
Leer descripción completa
19,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo?
"Os días felices de Benvido Seixas" é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.
Publicou os poemarios «Ruído de trens» (2015) e «O filósofo coxo» (2017). O relato «Taxidermia», inserido no volume colectivo «A garza insomne», foi a súa primeira proposta narrativa. En 2019 publica en Xerais «Os días felices de Benvido Seixas», novela coa que obtén o Premio Losada Diéguez, 2020.
Traduciu do catalán ao galego as novelas «Pan negro», de Emili Teixidor, «As valgadas bravas», de Raimon Casellas, e «Palabras de Opoton O Vello» (Xerais, 2020). Do galego ao catalán trasladou dúas pezas de Vicente Risco: os relatos «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros» e «Os europeos en Abrantes», e mais a novela «O porco de pé». Como autor de literatura infantil, quedou finalista do Premio Merlín en dúas ocasións co libro de poemas «Animalario de ler a diario» (Xerais, 2022).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión