Oliver Twist, un orfo de 9 anos, logo de sufrir no orfanato a explotación, a fame e o medo, marcha a traballar como aprendiz para un enterrador. Maltratado tamén na funeraria, deci...
Leer descripción completa
14,85€
Solo quedan 5
Información
Descripción
Oliver Twist, un orfo de 9 anos, logo de sufrir no orfanato a explotación, a fame e o medo, marcha a traballar como aprendiz para un enterrador. Maltratado tamén na funeraria, decide escapar e camiñar moitas millas para chegar a Londres. Unha vez na capital, Oliver coñece un carteirista da súa mesma idade que traballa para Fagin, un home sen escrúpulos que se fai cargo del, utilizándoo para os seus roubos.
Oliver coñece o frío cárcere e as elegantes mansións londinienses, mais as súas coitas parecen non ter fin...
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d' A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión