Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. U...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra. Lía non ten medo, é unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto á súa nai, aínda que sexa o malvado líder dos homes rata.
Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor en lingua galega no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción científica «2044» (2012), á que seguiron: «A teoría do tempo imaxinario» (2013), novela tamén de ficción científica xuvenil escrita en feminino xenérico, e «O Gran Reino» (Xerais, 2014), merecedora do premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. No ámbito da literatura infantil publicou «O mundo máxico de Lía» (Xerais, 2020) e «A miña amiga invisible» (Xerais, 2023).
En lingua castelá ten publicadas tres novelas de misterio psicolóxico, «El club de los amantes arrepentidos» (2018),«La decisión de buscar a Sofía» (2021), «La insólita cuarentena de Clara Peleteiro» (2022) e a novela distópica «2M84» (2019).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión