Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza?...
Leer descripción completa
18,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza?
A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.
Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compartindo desde sempre coa de escritora. Hai máis dunha década que é articulista no xornal «La Voz de Galicia» e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desde hai anos desenvolve o papel de «experta en letras» en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo», publicadas en 1997, e continuada por títulos como «O Papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druidas» (2014); «Rubicundo» (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais 2016); «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2015 e 2016, «Muriel» (Xerais 2017), Premio Merlín 2017, «Unha fábrica de bicos» (Xerais 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón, «As pombas de Bastián» (Xerais 2021) e «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais 2023). En 2023 publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras». Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión