O estado intermedio
O estado intermedio

O estado intermedio

Vega, Rexina

Editorial:
Editorial Galaxia
ISBN:
978-84-9151-555-5
Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria Ao... Más información
Editorial:
Editorial Galaxia
Colección:
Literaria
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Español
ISBN:
978-84-9151-555-5
EAN:
9788491515555
Dimensiones:
210 x 135 mm.
Nº páginas:
196
Fecha publicación :
22-10-2020
16,50€
(15,87€ sin IVA)
Comprar Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 221 librerías

Dónde encontrar "O estado intermedio"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 221 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "O estado intermedio"

    Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, demóstranos a forza narrativa dunha das escritoras máis singulares da nosa literatura, capaz de crear, como fai nesta novela, un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, sobrenatural, creadora, nos fai viaxar coa protagonista polas vidas duns personaxes atrapados, dalgunha maneira, dentro dos propios traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. E iso fai a autora, levándonos a un tempo de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que, coma man de ferro, se nos crava no esterno para obrigarnos a ler e a pensar, a pensar e a revivir. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.

    Más sobre

    Vega, Rexina

    Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou numerosos artigos e estudos monográficos. Durante os anos noventa foi docente na área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para Quimera, Zurgai, Anuario de Estudos Galegos ou Grial, entre outras publicacións. Tamén foi colaboradora habitual da sección El trujamán do Centro Virtual Cervantes. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán. É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec El secuestro. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro Ten que doer. Literatura e identidade. Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. Cardume, a súa primeira obra literaria, mereceu o Premio Xerais de Novela 2007, á que sigue agora Dark butterfly (2012).
    Más títulos de Vega, Rexina
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    Te puede interesar

    Estanterías relacionadas

    Ver todas