O caderno de Bitácora

O caderno de Bitácora

Editorial
Edicións Positivas
Materia
Ficción y temas afines | Gallego (galego)
Ilustrador
SUÁREZ, SERXIO
Colección
NARRATIVAS
Encuadernación
No definida.
Nº páginas
160
ISBN
978-84-87783-80-7
EAN
9788487783807
Dimensiones
210 x 130 mm.
Fecha publicación
01-03-2004
Precio
9.00€ (8.65€ sin IVA)

Dónde comprarlo(1 librerías)

    Autor

    María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario " Moda Galega " (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en " Moda Galega reloaded " (2013) e posteriormente publicou " kleinigkeiten/cousiñas " (2013), " Presente continuo " (Xerais 2013) e " Galicia en bus " (Xerais, 2018), Premio Johán Carballeira 2017. Como narradora, é autora das seguintes novelas: " O Caderno de Bitácora " (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; " O club da calceta " (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; " Pirata " (Xerais 2009), traducida ao italiano; " En vías de extinción " (Xerais 2012), traducida ao castelán, coa que iniciou a serie " Ciclo dos elementos " ; " Dende o conflito " (Xerais 2014), Premio Xerais de Novela; " A música dos seres vivos " (Xerais 2015); " A dúbida " (Xerais 2016), XIV Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas e " As cousas que non queremos oír " (Xerais, 2017). No ámbito da literatura infantil é autora de " Usha " (Xerais 2006), finalista do Premio Merlín 2005; " Lía e as zapatillas de deporte " (Xerais 2008); " O monstro das palabras " (Xerais 2009); " Volvo! O regreso de Usha " (Xerais 2014); " Corredora " (Xerais 2017) e " Fóra do normal " (Xerais 2018), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Como ensaísta publicou " A alternativa está aquí " (Xerais 2014), en coautoría con Olga Castro, o libro " Feminismos " (Xerais 2013) e " Corpos exorbitantes " (2017), Premio Xohana Torres de Ensaio. En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/a do ano. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable. O seu relato " A esencia da cidade'' pode ser descargado en pdf: http://blog.xerais.gal/wp-content/uploads/2016/11/A_esencia_da_cidade.pdf

    Sinopsis

    Información no disponible