Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora sol...
Leer descripción completa
20,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame, a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia, a morte foron experiencias que abriron en Alberte unha ferida desas que non sollan, a da marca profunda do medo, esa cicatriz pola que supura o suor da carraxe. Des que regresou daquel inferno, Alberte converteuse nun auténtico alieníxena, refractario a todo sentimento; dende entón, lembrar é a súa única manifestación de valentía.
A intensidade desta novela memorable, que non ofrece tregua nin concesión ningunha, confirman a Xesús Manuel Marcos como un dos narradores máis potentes do noso tempo.
Xesús Manuel Marcos (Seoane do Caurel, 1967), cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como funcionario da Administración de Xustiza en Madrid. Deuse a coñecer como narrador en 1994 co relato "Aliados solitarios", Premio Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro (1994), ao que seguiron o Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo (1994) polos seus relatos "A cela de arame" e "Fuxidos" (publicados no volume Relatos, 1995) e o Premio de Novela Curta do Concello de Marín (1996). Dende entón, publicou os libros de relatos Terra queimada (1997), que mereceu o Premio de Narración Curta Ricardo Carvalho Calero convocado polo Concello de Ferrol no ano 1995 e Fonte de Esperante (2005); ademais das novelas En terra perigosa (1996); O brindo de ouro. I. A chamada do brindo (2004), Premio Merlín 2004; A lúa dos Everglades (2007), Premio Terra de Melide 2007; O brindo de ouro. II. A Táboa da Hospitalidade (2009); O esconxurador (2010) e O bebedor de rakia (2011). As súas colaboracións xornalísticas están publicadas en La Voz de Galicia, O Correo Galego, e El Progreso. Mantén o blog Abellonenia (http://oulego.blogspot.com)
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión