Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle ax...
Más información
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.
Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.
Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi "Premio Protagonista Jove", outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.
Agustín Fernández Paz nació en Villalba (Lugo) en 1947. Perito industrial mecánico, licenciado en Ciencias de la Educación y diplomado en Lengua Gallega, trabajó como profesor de EGB en diferentes centros escolares y de profesor de Lengua y Literatura Gallega de Enseñanza Secundaria en Vigo. Entre 1988 y 1990 fue miembro del gabinete de estudios para la reforma educativa de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte del equipo de los Diseños Curriculares de primaria y secundaria. Miembro del Consejo de Cultura Gallega y asesor de programa SOL de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Ha tenido otras ocupaciones como pedagogo y editor. También ha realizado numerosos trabajos de normalización lingüística, de didáctica de la lengua, de promoción de la lectura, de literatura infantil, de introducción de los medios de comunicación en las aulas. Su obra ha sido reconocida con numerosos premios, como el Premio Lazarillo 1990 por Contos por palabras; Premio Merlín en 1989 por As flores radiactivas; I Premio de Literatura Infantil «Raíña Lupa» por Cos pés no aire; Premio de Literatura Protagonista Jove 2001, IBBY Honour List 2002 y White Ravens 2001 por Aire negro. A estos le siguieron el Premio O Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker y el Premio Nacional de Literatura Infantil 2008 por su obra O unico que queda é o amor. En 2011 se hizo con el VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil, que se falló en Guadalajara (México), «por su extensa obra narrativa, que aborda una gran diversidad de géneros y temas».
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información
aquí
o cambiar la
configuración.
Los lectores opinan
No hay comentarios, sé el primero en comentar