Willy Loman traballou como viaxante de comercio durante toda a súa vida para conseguir o que todo home desexa: mercar unha casa, educar aos seus fillos e proporcionarlle unha vida digna a súa muller, Linda. Ten sesenta anos e, extenuado, pide un aumento de soldo, pero llo negan e acaba sendo despedido polo seu propio ben, pois xa non rende no seu traballo como antes. Todo parece derrubarse para Willy: non poderá pagar a hipoetca da casa, e por riba, os seus dous fillos Biff e Happy, non conseguen abrirse camiño na vida. ¿Non se sacrificou Willy para que estudiasen e gañasen unha posición? A medida que avanzan as horas, os problemas de Willy Loman medran de xeito imparable, pero o viaxante vive outra realidade, noutro mundo: ¡soñou tantas cousas!
Foi un bo traballador, un bo pai e home: ¿onde está o erro?, ¿nel ou nos demais? ¿como pode mellorar a súa situación?
A traxedia de Willy Loman reside en que deu a súa vida ou a vendeu para xustificar que a estragara, escribiu Arthur Miller, quen a propósito da triste vixencia desta obra dixo: Que siga habendo tantos Willy Loman no mundo se debe a que o home se somete ás necesidades da sociedade e da tecnoloxía, aniquilándose como individuo. Pero a obra trata de algo aínda máis primitivo. Como moitos dramas clásicos, é unha historia sobre a violencia no seo das familias. Morte dun viaxante é un dos textos dramáticos máis importantes do século XX -incorporada á colección de Libros do CDG, coeditada por Xerais e o IGAEM, en traducción de María Xosé Moia Ansede-, non só polos seus valores dramáticos, senón por que ademais asistimos á mirada de Miller sobre as miserias e grandezas, sobre as serviduemes e as glorias do pobre home de a pé que se deixa enganar polo espello dunha sociedade aparentemente libre, pero que en realidade non o é.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión