Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunt...
Leer descripción completa
20,90€
Solo quedan 2
Información
Descripción
Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.
Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara.
Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.
Jules Verne nació en Nantes en 1828. Estudió leyes en París y allí conoció a Victor Hugo y a Alexandre Dumas padre, y más adelante a su hijo. Bajo la influencia de Edgar Allan Poe -que lee en las traducciones de Baudelaire- empieza a interesarse por la escritura y la ciencia-ficción. En 1857 se casó con una joven viuda, madre de dos hijos. Ejerció de corredor de bolsa hasta la publicación, con gran éxito, de Cinco semanas en globo (1863), a la que seguirían obras como Viajeal centro de la Tierra (1864); Veinte mil leguas de viaje submarino (1869); La vuelta al mundo en ochenta días (1872), basada en el viaje del americano George Francis Train (1829-1904); La isla misteriosa (1874), y La casa de vapor (1880). Compartió editor con Balzac y George Sand. A lo largo de su vida realizó muchos viajes que le sirvieron de inspiración para algunas de sus novelas, como su viaje a Estados Unidos o sus travesías a bordo de su propia embarcación. Murió en 1905.
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d' A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión