Esta é a historia máis íntima e gráfica dun Café centenario: o Café Derby de Santiago de Compostela. Aberto en 1929 e en funcionamento ata o ano 2020. Unha obra ilustrada con máis...
Leer descripción completa
24,00€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Esta é a historia máis íntima e gráfica dun Café centenario: o Café Derby de Santiago de Compostela. Aberto en 1929 e en funcionamento ata o ano 2020. Unha obra ilustrada con máis de 130 fotografías, ilustracións e documentos de época, moitos de eles, inéditos. Ademáis, inclúe numerosas anécdotas e os testemuños de varias xeracións de persoas habituais deste establecemento, protagonistas de inesquecibles faladoiros. Nos anos 30, no Café Derby tiña mesa reservada don Ramón del Valle Inclán.
Fernando Franjo Franjo (Monforte de Lemos, 1963) é xornalista e promotor cultural. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é tamén Máster Experto en Xornalismo Turístico polo Instituto Europeo de Xornalismo e Comunicación. Autor do libro Cincuenta Cafés históricos de España y Portugal (Alvarellos Editora, 2014), mantén nas redes sociais o activo espazo Ruta por Cafés. Despois de moitos anos como xornalista cultural, especializouse no estudo e visibilización dos Cafés históricos. É representante oficial en España e asesor da European Cafes Routes (Asociación Europea de Cafés Históricos). En 2018 organizou en Compostela o encontro internacional Cafés, Patrimonio Cultural a través do Tempo, primeiro evento que se celebrou en España sobre Cafés e Patrimonio. En 2020 obtivo, nunha candidatura conxunta coa Asociación de Cafés com Historia de Portugal, o premio da Rede Europea de Turismo Cultural (ECTN) pola proposta Rede de Cafés Históricos na Península Ibérica.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión