"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reai...
Leer descripción completa
22,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González e ilustrada por David Rodríguez, esta "Guía ilustrada do Vigo rebelde" é perfecta para ler ou para percorrer a pé os escenarios dos feitos.
Xurxo Martínez González (Coia,Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. Autor de varios libros, en Xerais publicou "Luís Soto. A xeira pola unidade galega" (2011) e "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (2018), escrito con Emilio Xosé Ínsua. Colaborador habitual na prensa escrita e dixital, premiado en certames poéticos e narrativos, tamén realiza labores como guía literario-cultural por Vigo. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.
David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); literatura infantil: «Superavoa» (Xerais, 2020); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014). Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012). En 2018 publica o ensaio «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega» (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal». No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión