Long Play
Long Play

Long Play

Pérez Díaz, Lois

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-293-5
"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do est... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-9121-293-5
EAN:
9788491212935
Dimensiones:
220 x 145 mm.
Peso:
259 gramos
Nº páginas:
192
Fecha publicación :
09-11-2017
17,95€
(17,26€ sin IVA)
Comprar Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 152 librerías

Dónde encontrar "Long Play"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 152 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Long Play"

    "Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías. A "forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún "riff" de humor -se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasións cara "outros territorios posíbeis"; concíbese o propio proceso de creación como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A "ledicia blue" que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.
    Más sobre

    Pérez Díaz, Lois

    Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre e contador de historias, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, coa obra "Saltimbanqui", dirixida e adaptada por Quico Cadaval e interpretada por este canda Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico, publicada en libro-cd (Xerais, 2008). En 2013 publicou "LP", o seu primeiro poemario, editado por Emerxente. Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e ocasionalmente exerce de cronista do rock and roll para a revista "Ruta 66" e como locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colabora coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e no eido do ensino traballou e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas. "Long Play" (2017) é o seu primeiro libro de poemas en Xerais.
    Más títulos de Pérez Díaz, Lois
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario