KAREN BLIXEN (1885-1962) nace en Dinamarca. Casa aos 30 anos co seu primo, o barón Blixen, do que non está namorada e vanse a África para rexentar unha plantación en Kenya. O matrimonio fracasará e, máis tarde, tamén o negocio da plantación. O colapso do mercado do café obrigará a Karen a regresar a Dinamarca onde poderá dedicarse á súa verdadeira vocación: escribir. Comezará a escribir en inglés aos seus 48 anos.
Como comprobamos nas obras, levou unha vida intensa, marcada polo traballo, a enfermidade, a sífilis que lle transmitira o marido, e tamén polo grande amor dun famoso cazador inglés (esta etapa vímola no filme Memorias de África) e pola paisaxe africana. Das novelas sobre esa época africana, Sombras na herba e Lonxe de África, deducimos tamén o grande afecto que tiña polas xentes nativas así como a actitude democrática e respectuosa no trato con elas, aspectos estes nada comúns nos colonialistas da época.
Karen Blixen foi unha rebelde e comparte con algunhas escritoras do XIX (e podemos pensar tamén en Rosalía) unha ambivalencia cara ao feminismo e a conciencia social, lóxica dada a complexidade da época e a propia procedencia. Pero, como mulleres lúcidas e narradoras honestas, non poden evitar volver a vista sobre a paisaxe íntima do matrimonio, sobre o fracaso da propia vida e das mulleres que as rodean. Karen Blixen atribúe o fracaso á sociedade que educa as mulleres para seren inútiles, ``infantís e sen confianza e decisión propia, dependentes sempre, afectiva e economicamente dos homes´´. Esta denuncia aparece na súa obra, viva e palpitante.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión