Ariel Dorfman (Bos Aires, 1942), de nacionalidade chilena e actualmente residente nos Estados Unidos, é autor dunha extensa obra literaria traducida a trinta idiomas. Cultiva o ensaio, a poesía, o teatro e a novela. A peza teatral "A morte e a doncela" (1995) constitúe a súa obra máis universalmente coñecida, sendo adaptada ao cine por Roman Polanski. "Konfidenz" (1996), "Rumbo al Sur, deseando el Norte" (1998), "La Nana y el iceberg" (2000), "Terapia" (2001), "Acércate más y más: cuentos casi completos" (2002) e "Patos, elefantes y héroes: la infancia como subdesarrollo" (2002) son as súas últimas obras publicadas en España. En galego ten publicado: "A rebelión dos coellos máxicos" (Xerais 2001), novela infantil e "A cidade en chamas" (Xerais 2005), novela xuvenil escrita en colaboración co seu fillo Joaquín Dorfman (1947), coñecido autor teatral en lingua inglesa.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión