Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Costas, Ledicia

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-070-2
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fi... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Fora de xogo
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-9121-070-2
EAN:
9788491210702
Dimensiones:
210 x 130 mm.
Peso:
253 gramos
Nº páginas:
248
Fecha publicación :
23-06-2016
12,30€
(11,83€ sin IVA)
Comprar Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 40 librerías

Dónde encontrar "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 40 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"

    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

    Más sobre

    Costas, Ledicia

    Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e a novela «Infamia» (2019). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016) ou «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego. Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019), «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020) e «Criando malvas» (Xerais 2021).
    Más títulos de Costas, Ledicia
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario