Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que desco...
Leer descripción completa
21,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico.
É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!
Jorge Lamas Dono (Vigo, 1962) é xornalista de "La Voz de Galicia" e membro do Instituto de Estudios Vigueses. A sección no xornal titulada "Eran otros tiempos" deu pé á publicación do libro "Historias de Vigo" (Xerais, 2018). Tres anos máis tarde publicou no Instituto de Estudios Vigueses "O Vigo que viron os franceses na Reconquista".
É autor, ademais, de varios artigos relacionados coa historia da cidade no propio boletín do Instituto, "Glaucopis", e mantén en Internet o blog "Del Berbés hacia arriba" (http:/lamasdono.blogspot.com.es/).
"Da Calzada ao Casco Vello" (Xeerais, 2023) é a súa última obra.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión