Nesta famosa illa hai unha Árbore Comepedras. Hai un bosque de loureiros. Hai unha ermida cun cruceiro. Hai casas abandonadas. Hai auga doce e salgada. Hai xabarís e londras que vo...
Leer descripción completa
15,95€14,36€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Nesta famosa illa hai unha Árbore Comepedras. Hai un bosque de loureiros. Hai unha ermida cun cruceiro. Hai casas abandonadas. Hai auga doce e salgada. Hai xabarís e londras que volveron. Hai recordos de barcos que naufragaron hai séculos... e hai unha pantasma que viron bailar. Se hai algo que atrae de maneira especial sobre todo aos máis novos, son as historias de misterio. È a escusa perfecta para pasar ese tempo de calidade cos teus pequenos nos que a complicidade e a diversión únense ao desenvolvemento integral do neno. Esta é a historia de MARUXA A BRAVA, unha muller que un día aposta unha empanada coas súas amigas mariscadoras a cambio de pasar unha noite nunha misteriosa illa onde se di, se cónta, rumoréase que viron bailar a unha pantasma. O seu obxectivo é claro demostrar que non existe e que son lendas inventadas. Conseguirá Maruxa pasar esa noite na illa? Demostrará que esa famosa pantasma non existe? Perderá esa empanada coas súas amigas e compañeiras por tratar de demostrar que esas lendas non existen?
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos. Contos para ler pola noite» (Xerais 2022). Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou «Wombo Combo» (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006) e o texto teatral «As alumnas» (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
Blanca Millán (1991) se graduó en Bellas Artes y tiene un máster en Libros Ilustrados. Pinta desde que tiene uso de razón, llenando de colores las paredes de la casa, e ilustra cuentos desde que es madre. Es la ilustradora de más de 20 títulos en gallego, castellano e inglés, y tiene varios nuevos proyectos en camino.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión