Fuxidos de sona
Fuxidos de sona

Fuxidos de sona

Reigosa, Carlos G.

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-7507-423-8
Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto -o derradeiro abatido en Esp... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Edición Literaria - Crónica - Memoria
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
ISBN:
978-84-7507-423-8
EAN:
9788475074238
Dimensiones:
210 x 130 mm.
Peso:
210 gramos
Nº páginas:
160
Fecha publicación :
15-11-1989
Disponible en 1 librerías

Dónde encontrar "Fuxidos de sona"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 1 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Fuxidos de sona"

    Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto -o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos. Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos. Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.

    Más sobre

    Reigosa, Carlos G.

    Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: "Oxford, amén" (1982, Xerais 2006), novela; "Homes de Tras da Corda" (Xerais 1982, 2000), relatos; "Crime en Compostela" (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; "As pucharcas da lembranza" (Xerais 1985), relatos; "Irmán Rei Artur" (Xerais 1986, 2000), relatos; "O misterio do barco perdido" (Xerais 1988, 2005), novela; "Os outros disparos de Billy" (Xerais 1991); "A guerra do tabaco" (Xerais 1996, 2005), novela; "Narcos" (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; "Intramundi" (Xerais 2002), novela; "Pepa A Loba" (Xerais 2006), novela; "A vida do outro" (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; "A lei das ánimas" (2010), novela; "Tras da Corda" (Xerais 2012), relatos; "A vitoria do perdedor" (Xerais 2013), novela; "A vinganza do defunto" (Xerais 2014), novela, e "Segredos de Bretaña" (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas "Kid salvaxe" (Xerais 2014) e a obra de teatro "A soidade do asasino" (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, "Fuxidos de sona" (Xerais 1989), reportaxe; "Doutor Livingstone, supoño" (Xerais 1998), ensaio; "O regreso dos maquis" (Xerais 2004), reportaxe; "Laxeiro por si mesmo" (Xerais 2008), conversas; "A agonía do león" (Xerais 2011); "A Galicia máxica de García Márquez" (2009, Xerais 2013); "Colmeiro por si mesmo", escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e "A morte de Valle-Inclán", en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).
    Más títulos de Reigosa, Carlos G.
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario