Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, (FotoShock, Carta a Berta, Hendra e Viaxe de Volta), están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de FotoShock, un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de Hendra, unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de Viaxe de volta, esa case segunda oportunidade que só se lles concede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da Carta Berta.
O quinto relato, Lume da memoria, é a contribución do autor a unha certa, e fecunda, literaria da memoria, da historia das xentes humildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e as súas consecuencias.
Camiño longo, é un drama interior, opresivo, onírico, fantástico, perfectamente acorde coas obras mestras do xénero.
As formas gastadas dos soños é ese pesadelo repetitivo, mecánico, no que afloran odio, autoodio, xenofobia e a procura da identidade. Un relato no que Caride amosa canto partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantas capas ten esa cebola que chamamos realidade. O realismo suxo e deprimente roxe en pezas como Nocturno, e L.H, o relato que nos ofrece a ollada do asasino lunático. Interiores é unha pequena peza do fantástico, onde se reflexiona sobre as conexións entre realidade e ficción, entre a persoa e o escritor, entre o creador e o personaxe.
No último relato, O camiño, un exemplo da literatura do marabilloso, que ben podería ser tomada por ciencia ficción sen selo.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión