Era por setembro

Era por setembro

Editorial
Edicións Xerais
Materia
Ficción moderna y contemporanea
Colección
Edición Literaria - Narrativa E-Book
Encuadernación
Libro electrónico
ISBN
978-84-9914-727-7
EAN
9788499147277
Fecha publicación
13-10-2014

Autor

Xabier Quiroga deuse a coñecer no terreo novelístico galego coa sorprendente Atuado na braña (Xerais 2002), novela longa á vella usanza que, ademais de conquistar a fidelidade dun lector galego ávido de grandes historias de noso, recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). Reapareceu cunha pequena alfaia literaria: Era por setembro (Xerais 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina e pola súa escrita vizosa e engaiolante». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en Se buscabas un deus (Xerais 2006), novela de longo alento na que propoñía unha reflexión sobre o futuro que nos agarda. A súa novela O Cabo do Mundo (Xerais 2009) recibiu o Premio da Crítica 2010 e Zapatillas rotas (Xerais 2014) o Premio da Crítica 2014. A súa última novela é Izan, o da saca (Xerais 2015).

Sinopsis

Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais. A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con " Era por setembro " (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.