Dous osiños, irmá e irmán, asomáronse ao mundo. Naceran
durante o inverno, baixo a neve que cubría a súa cova quentiña.
Agora querían saír para sentir a calor do sol, correr por...
Leer descripción completa
16,00€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Dous osiños, irmá e irmán, asomáronse ao mundo. Naceran
durante o inverno, baixo a neve que cubría a súa cova quentiña.
Agora querían saír para sentir a calor do sol, correr por riba
da herba e ulir as flores. Aquel día, mamá osa decidiu ir na procura
de mel ao bosque. E advertiulles antes de marchar:
—Esperádeme aquí. Volverei pronto, non vos afastedes da casa,
que vos podedes perder...
A editorial Kalandraka publica con moita ilusión este álbum ilustrado, con fotografías, que foi un éxito mundial publicado en Nova York en 1954, como “fotoliteratura” para o público infantil e xuvenil.
A fotógrafa e autora, Ylla (Viena 1911-India 1955) foi un referente na súa época, considerada coma unha das mellores fotógrafas de animais no século XX.
Consegue de maneira única retratar a natureza e a fauna, e contarnos seguindo o esquema de contos tradicionais una tenra historia entre dous osiños, que queren descubrir o mundo que lles rodea desobedecendo os consellos da súa nai. E consigueo monstrando en cada fotograma en blanco e negro a situación que lles acontece a estes dous animaliños no seu particular recorrido polo bosque, e como se de dous pequenos travesos foran: corren, xogan, descobren, gabean, nadan… ata que atópanse con outros animais os que piden axuda para atopar a súa nai.
Un álbum ilustrado para ler, contar, disfrutar e transmitir o amor pola natureza cunha imaxe visual única como nunca antes vimos nos contos para nenos.
Chus Otero, Librería Moito Conto (A Coruña)
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión