Desde unha estrela distante

Fernández Paz, Agustín / Pintor, David

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9914-492-4
Sinopsis
Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir... Más información
978-84-9914-492-4 / Edicións Xerais
10,95€
(10,53€ sin IVA)
Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 238 librerías

Dónde encontrar "Desde unha estrela distante"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 238 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Desde unha estrela distante"

    Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?
    Ficha Técnica

    Más información

    Materias:
    Relatos románticos y de relaciones interpersonales (infantil/juvenil) | Edad de interés: a partir de 8 años | Ciencia ficción (infantil/juvenil)
    Editorial:
    Edicións Xerais
    Colección:
    Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De
    Encuadernación:
    Libro de cartón
    País de publicación :
    España
    Idioma de publicación :
    Gallego
    Idioma original :
    Gallego
    Autor:
    Fernández Paz, Agustín
    Ilustrador:
    Pintor, David
    ISBN:
    978-84-9914-492-4
    EAN:
    9788499144924
    Dimensiones:
    200 x 130 mm.
    Peso:
    259 gramos
    Nº páginas:
    168
    Nº de ilustraciones:
    17
    Fecha publicación :
    03-04-2013
    Más sobre

    Fernández Paz, Agustín

    Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos "A cidade dos desexos", o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron "As flores radioactivas" (1990), novela, Premio Merlín 1989; "Contos por palabras" (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; "Rapazas" (1993), relatos; "Trece anos de Branca" (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; "Cartas de inverno" (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; "Amor dos quince anos, Marilyn" (1995), novela; "O centro do labirinto" (1997), novela; "O laboratorio do doutor Nogueira" (1998); "Cos pés no aire" (1999), novela, Premio Raíña Lupa; "Aire negro" (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; "No corazón do bosque" (2001), novela; "Un tren cargado de misterios" (2001), conto; "Noite de voraces sombras" (2002), novela; "A praia da esperanza" (2003), conto; "O meu nome é Skywalker" (2003), novela, Premio Barco de Vapor; "Tres pasos polo misterio" (2004), relatos; "Fantasmas no corredor" (2005), conto; "Corredores de sombra" (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; "O único que queda é o amor" (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; "Lúa do Senegal" (2009), novela, Premio da AELG; "Valados" (2009), conto; "Non hai noite tan longa" (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; "Fantasmas de luz" (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; "Desde unha estrela distante" (2013), conto; "A viaxe de Gagarin" (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; "A neve interminable" (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e "O soño do Merlo Branco" (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro "O rastro que deixamos" (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en "Un mundo de palabras" (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.
    Más títulos de Fernández Paz, Agustín
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    ¿No has encontrado lo que buscas?

    Prueba con una nueva búsqueda