Criando malvas. Os Minimortos
Criando malvas. Os Minimortos

Criando malvas. Os Minimortos

Costas, Ledicia

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-727-5
Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunh... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Ilustrador:
Villar, Mar
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Castellano
ISBN:
978-84-9121-727-5
EAN:
9788491217275
Dimensiones:
195 x 140 mm.
Peso:
126 gramos
Nº páginas:
56
Fecha publicación :
14-01-2021
12,50€
(12,02€ sin IVA)
Comprar Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 239 librerías

Dónde encontrar "Criando malvas. Os Minimortos"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 239 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Criando malvas. Os Minimortos"

    Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible. Por un erro de cálculo, as flores de Petunio empezan a medrar sen control ata se transformaren nunha planta carnívora xigante que só ten unha idea na súa mente: COMER. Os Minimortos terán que dar co xeito de liberar a Petunio da planta carnívora e, o máis importante, rescatar a Verdura.

    Más sobre

    Costas, Ledicia

    Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019) e «Golpes de luz» (2021). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016) ou «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego. Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019), «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021) e «O Día dos Vivos» (Xerais 2021). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega.
    Más títulos de Costas, Ledicia
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario