Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o...
Leer descripción completa
11,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.
"Choiva de ras" é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios.
En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.
Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995).
Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: «Contos de Reis e de Nadal» (2007), «O souto escuro e perigoso» (2011), «O arco da vella» (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), «Os reloxos preguiceiros de Néboa» (2011), «Coller as rendas» (2014) e «Choiva de ras» (2018). É autor do proxecto de banda deseñada infantil «Animalia», que conta con catro títulos: «Animalia 1. Verde» (2018), «Animalia 2. Branco» (2019), «Animalia 3. Azul» (2021) e «Animalia 4. Gris» (2022), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión