Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro

Editorial
Fundación Luis Tilve
Materia
Poesía de poetas individuales | Gallego (galego)
Encuadernación
No definida.
Nº páginas
82
ISBN
978-84-95773-25-8
EAN
9788495773258
Fecha publicación
01-12-2012
Precio
9.50€ (9.13€ sin IVA)

Dónde comprarlo(1 librerías)

    Autor

    Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949 publicou " O soño sulagado " (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu " Longa noite de pedra " (1962, Xerais 1990, Xerais 2002)). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man de man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu " Viaxe ao País dos Ananos " (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en " Cantigas de escarnio e maldicir " (1968), no romance de cego " Paco Pixiñas " (1970), en " Os autentes " (1973) e mais en " Antipoemas " (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios " Cimenterio privado " (1973), " Onde o mundo se chama Celanova " (1975, Xerais 1991) e o " Libro dos homenaxes " (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: " A fronteira infinda " (1972, Xerais 1988) e " A taberna do galo " (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicadas os volumes " Obra narrativa " (Xerais 2003), edición de Mónica Góñiz, e " Poesía galega completa " (Xerais 2004), edición de Ramón Nicolás.

    Sinopsis

    Información no disponible