Catálogo de la colección histórica de prensa de la

Catálogo de la colección histórica de prensa de la "Voz de Galicia"

Editorial
La Voz de Galicia, S.A.-Biblioteca Gallega
Materia
Prensa y periodismo
Nº páginas
296
ISBN
978-84-88254-49-8
EAN
9788488254498
Fecha publicación
12-01-1997

Autor

Xosé R. Barreiro Fernández (Ribeira, A Coruña) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Actualmente, despois de exercer a cátedra de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, segue como profesor emérito desta. É tamén presidente da Real Academia Galega. Na súa bibliografía académica figuran varios libros canónicos dentro da historiografía peninsular. Os seus estudos sobre o carlismo galego, o liberalismo e o nacemento do galeguismo ou os cinco tomos do Proxecto Galicia amplían os nosos horizontes intelectuais e poñen acento galego en temas e personaxes que permanecían velados polas circunstancias históricas. Entre outras, ten publicadas as seguintes obras: A parroquia hoxe (1970); El carlismo gallego (1976, reeditado e revisado en 2008 e publicado en galego como O carlismo galego); El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (1977); El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (1980); Historia contemporánea de Galicia (1982); Liberales y absolutistas en Galicia (1808-1833) (Xerais, 1982); Historia de la ciudad de La Coruña (1986); O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios (Xerais, 1990); Historia de la imprenta en Galicia (1992); Historia da Universidade de Santiago de Compostela. (1998-2002); Manuel Murguía (2000, con Xosé Luís Axeitos); Historia de Galicia, 5 tomos do Proxecto Galicia (2000-2002); Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810?2003) (2003, coordinador e autor); Cartas a Murguía (2005); O Tratado da Constitución europea: visións desde Galiza (2005); Manuel Lugrís Freire, o compromiso (2006, con Xosé Luís Axeitos); Os símbolos de Galicia (2007, Consello da Cultura Galega); A gran historia de Galicia (2007, coordinador) e Historia social da Guerra da Independencia en Galicia (Xerais 2009).

Sinopsis

Información no disponible