Carmín
Carmín

Carmín

Tabuyo, Domingo

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-8302-857-5
Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
ISBN:
978-84-8302-857-5
EAN:
9788483028575
Dimensiones:
210 x 130 mm.
Peso:
233 gramos
Nº páginas:
216
Fecha publicación :
25-09-2002
Disponible en 17 librerías

Dónde encontrar "Carmín"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 17 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Carmín"

    Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.

    Más sobre

    Tabuyo, Domingo

    DOMINGO MIGUEL TABUYO ROMERO domingotabuyo@gmail.com (Pontevedra 1959) Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte. Profesor de Ensino Secundario con destiño no IES Asorey de Cambados. Foi Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE en Cambados 1992-2011, Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: 2004-2011, polo PSdeG-PSOE., Membro da Asociación de Escritores en Língua Galega e Membro do PEN Clube Escritores de Galicia. Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ria do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda. Realizou análise e crítica literaria na Guia dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo. Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009. Coordenador das Xornadas: Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega, Cambados 27/28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011. Ten publicado Poemario ''Manual de Urxencia e Retornos'', accésit do Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña. Poemario ''Balsaín BluesPremio Concello de Ourense 1997. Poemario: ''Nos tempos de Invernía'', Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, 1999. Poemario ''A Luz Secreta'', 2002, Colección Tambo da Deputacion de Pontevedra. Poemario ``Cadernos de París´´, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela. Novela ``Carmín´´, 2002, Edicións Xerais de Galicia. Infantil e Xuvenil: ``A Viaxe de Vionta´´, Ed. Everest Galicia 2007. Novela: ``Svea Kött´´, 2011, Edicións Xerais de Galicia. Obras colectivas: ``Vis a Vis: 36 poemas e unha idea´´, Vilagarcia 1997, ``Vento Mareiro: aniversario dun libro mítico´´, Cambados 1998 ``O Cancioneiro e o Mar´´, Vilaxoán de Arousa, 1998. ``Abraço. Poesía Colectiva´´. Ediçao AALF, Freamunde, Portugal, Xullo 2002. ``Negra Sombra´´, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros, 2003 (Contra a Marea Negra) e ``Poetas con Rosalía´´, V encontro, Padrón 2010.
    Más títulos de Tabuyo, Domingo
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario