Capital estranxeiro e industrialización en Galicia

Capital estranxeiro e industrialización en Galicia

Editorial
XERAIS
Materia
Economía internacional
Colección
OBRAS DE REFERENCIA
Encuadernación
No definida.
Nº páginas
424
ISBN
978-84-7507-753-6
EAN
9788475077536
Dimensiones
210 x 130 mm.
Fecha publicación
09-01-1993
Precio
20.50€ (19.71€ sin IVA)

Dónde comprarlo(1 librerías)

Ver todas (1 librerías)

Autor

Xoaquín Fernández Leiceaga. Nado en Noia en 1961. Casado, con dous fillos. Profesor universitario de Economía na Universidade de Santiago. Investigador en economía rexional e federalismo fiscal. Autor de varios ensaios sobre economía e política en Galicia. Foi tenente de alcalde en Noia e Santiago e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG.

Sinopsis

Un dos problemas centrais da economía da Galicia contemporánea é o déficit de industrialización. A incapacidade para xerar unha base productiva secundaria sólida está detrás da enxurrada migratoria, así como do permanente atraso nos índices de benestar ou renda en relación co noso entorno próximo. Esta fasquía diferencial da nosa economía agudízase nos decenios posteriores á segunda guerra mundial, e non se corrixe -pese ó crecemento experimentado- nos anos expansivos no ámbito español que seguen ó Plan de Estabilización de 1959.Este libro pretende avaliar os efectos dos investimentos protagonizados polas empresas transnacionais en Galicia, con especial atención ós últimos trinta anos. O resultado é paradóxico. Por unha parte non pode negarse a destacada contribución das empresas participadas polo exterior á producción industrial. Por outra, non debe esquecerseque no período 1960-1990 se produce unha entrada sostida e relevante de capitais exteriores na economía española.A baixa participación galega neste fenómeno afonda a súa condición periférica no ámbito industrial.

Libros relacionados