En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arr...
Más información
En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.
A narración mestura acción, drama, amor e toques humorísticos nunha historia que viaxa polo Camiño de Santiago.
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios.
En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.
Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995).
Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.
Más títulos de Loureiro, Ánxela
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información
aquí
o cambiar la
configuración.
Valoraciones y comentarios
No hay comentarios, sé el primero en comentar