Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as pr...
Leer descripción completa
12,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro. Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas. Algo que, coñecéndoa, non será nada doado...
Tranquilas, princesas, Axente Riciños regresa para salvarvos.
Miguel López O Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito e continúa espallando a súa fama en Twitter. Leva colaborado en numerosos medios de comunicación. Ademais, é escritor e mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. En Xerais publicou os libros «Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021) e «Axente Riciños. Misión Princesa» (2022) e «Morto de fame» (2023), ilustrados por Mar Villar; e «A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace en Xerais a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, que leva cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023). Na colección Sopa de Libros é autor da novela «Dona problemas» (2023).
Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora dos álbums «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2018), ilustrado por Nuria Díaz, e «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2019), con ilustracións de Abi Castillo.
Me llamo Mar Villar, soy ilustradora y ornitóloga frustrada, y vivo en Valencia junto a mis becarias de cuatro patas. Algún día me ayudarán con el trabajo, pero de momento solo duermen, sueltan pelos y piden comida.
Estudié Bellas Artes, primero en Altea y después en Salamanca. Fue entonces cuando se me cruzó la ilustración y vi claro a lo que me quería dedicar. En 2009 obtuve un Accésit en los premios INJUVE, que me animó a preparar un portfolio y mudarme a Madrid con la intención de enseñarlo. Aunque fui solo para unos meses, me pasó aquello de me tomo una y me voy: que me lie y acabé vivie
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión