A Axenda 2021 de Baía Edicións vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios. Das súas características físicas, que rompen coa rixidez tradicional destes produtos, destaca a flexibilidade, e respecto co medio, da súa cuberta de cartón, orixinalmente ilustrada cun motivo da nosa simboloxía prehistórica, a práctica e eficiente goma de pechamento e un cómodo marcador téxtil interior. Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.
Valoraciones y comentarios
No hay comentarios, sé el primero en comentar