As metamorfoses de Proteo

As metamorfoses de Proteo

Editorial
Editorial Galaxia
Colección
Literaria
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Nº páginas
256
ISBN
978-84-7154-664-7
EAN
9788471546647
Dimensiones
210 x 135 mm.
Fecha publicación
01-05-1989
Precio
18.50€ (17.79€ sin IVA)

Dónde comprarlo(3 librerías)

Ver todas (3 librerías)

Autor

Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.

Sinopsis

As historias de don Torcuato, un cacique ourensán dos nosos días, que chega a despoxar de substancia persoal aos seus administrados. Moitos destes, a pesar de que aparecen na novela como se fosen homes e mulleres dotados de vida individual, non pasan de ser metamorfoses do seu amo e señor, verdadeiro Proteo do noso tempo.