A cultura sueva quedou marxinada en Galicia polo protagonismo visigodo.
Por que foi ignorada a monarquía medieval galega?
O arco de ferradura é utilizado en Galicia desde a épo...
Leer descripción completa
14,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
A cultura sueva quedou marxinada en Galicia polo protagonismo visigodo.
Por que foi ignorada a monarquía medieval galega?
O arco de ferradura é utilizado en Galicia desde a época romana.
Un libro que fala dos tópicos historiográficos que determinan a interpretación da nosa cultura medieval.
Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega.
O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense ("Ourense no século XV", 1991; "A cidade de Ourense no século XV", 1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego ("A cidade medieval galega", 1999).
Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV ("A Revolución Irmandiña", 1987; "Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía", 1991) e a edición de fontes documentais ("Padróns de Ourense do século XV", 1995; "O pleito das fortalezas da cidade de Ourense", 1998; "Libro de Notas de Álvaro Afonso", 2000; "Fragmentos de Notarios", 2007; "Libro de protocolos de Xoán García", 2007).
De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como "Os reis de Galicia" (2003) ou "O reino medieval de Galicia" (2005) e a participación en varias obras colectivas de "Historia de Galicia".
En Xerais ten publicados "O Miño. Un caudal de historia" (2015), "Historia de Galicia" (2016) e "Arte e escritura na Galicia medieval" (2019).
Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión