O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibli...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados?
Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.
Nacido en Cures-Vimianzo (A Coruña), Valentín Alvite é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e traballou durante anos como profesor de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Compaxinou ese labor coa creación literaria, realizando tamén ocasionalmente guións de televisión. Froito desa actividade foron as novelas «O hotel» (2009), premio de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, ou «Relatos para sorrir» (2017), conxunto de narracións de carácter humorístico. Cultivou igualmente o microrrelato, resultando gañador do Premio de Microrrelatos Lonxa Literaria (Moaña) en 2005. En 2019 gañou o Premio Raíña Lupa con «Antía e Daren. O misterio dos torques roubados» (Xerais 2020).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión