«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.
«Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: «Contos de Reis e de Nadal» (2007), «O souto escuro e perigoso» (2011), «O arco da vella» (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), «Os reloxos preguiceiros de Néboa» (2011), «Coller as rendas» (2014) e «Choiva de ras» (2018). É autor do proxecto de banda deseñada infantil «Animalia», que conta con catro títulos: «Animalia 1. Verde» (2018), «Animalia 2. Branco» (2019), «Animalia 3. Azul» (2021) e «Animalia 4. Gris» (2022), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión