Pensar o amor no século XXI
Am@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocion...
Leer descripción completa
24,80€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Pensar o amor no século XXI
Am@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión