Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse n...
Leer descripción completa
12,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19.
Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade.
Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.
Alberto Avendaño residiu 30 anos nos Estados Unidos e, recentemente, regresou a Galicia para seguir escribindo. Como xornalista traballou para "The Washington Post" e recibiu tres Premios Emmy da Academia da TV dos Estados Unidos.
Formou parte do Grupo Rompente, xunto a Antón Reixa e Manuel Romón, que revolucionou a poesía galega nos anos da transición á democracia española. Parte da súa obra poética está publicada en castelán e inglés nos Estados Unidos, onde é membro da Academia Norteamericana de la Lengua Española. En literatura para lectores novos, Avendaño conta con dous Premios Barco de Vapor en Galicia.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión