A sombra cazadora

De Toro, Suso

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-7507-962-2
Sinopsis
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e... Más información
978-84-7507-962-2 / Edicións Xerais
Precio desconocido
Disponible en 1 librerías

Dónde encontrar "A sombra cazadora"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 1 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "A sombra cazadora"

    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades». Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller». A sombra cazadora será levada ó cine. Traducida ó castelán e ó portugués, así como a outras linguas europeas.
    Ficha Técnica

    Más información

    Materias:
    Ficción general (infantil/juvenil) | Edad de interés: a partir de 14 años
    Editorial:
    Edicións Xerais
    Colección:
    Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo
    Encuadernación:
    Tapa blanda o Bolsillo
    País de publicación :
    España
    Idioma de publicación :
    Gallego
    Idioma original :
    Gallego
    Autor:
    De Toro, Suso
    ISBN:
    978-84-7507-962-2
    EAN:
    9788475079622
    Dimensiones:
    210 x 130 mm.
    Peso:
    235 gramos
    Nº páginas:
    232
    Fecha publicación :
    12-01-2009
    Más sobre

    De Toro, Suso

    Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela e "Un señor elegante" (2020), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017) e "Dentro da literatura" (2019). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
    Más títulos de De Toro, Suso
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    ¿No has encontrado lo que buscas?

    Prueba con una nueva búsqueda