A saga de San Ferreol

A saga de San Ferreol

Editorial
Biblos Clube de Lectores
Materia
Infantiles, Juveniles y didácticos
Ilustrador
Pérez Porto, Francisco Xosé
Encuadernación
Cartoné
Nº páginas
42
ISBN
978-84-935609-1-1
EAN
9788493560911
Dimensiones
170 x 140 mm.
Fecha publicación
01-08-2007
Precio
8.00€ (7.69€ sin IVA)

Dónde comprarlo(2 librerías)

    Autor

    Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), xornalista, compaxina o seu labor periodístico en " La Voz de Galicia " coa literatura. Toda a súa ficción ten como epicentro a soñada Terra de Escandoi, un territorio a medio camiño entre o mundo dos mortos e dos vivos, ao pé do Atlántico, no Poñente desa Terceira Bretaña que o autor identifica coa Galicia do Norte, entre Mondoñedo e Ferrol. Como narrador, publicou " Morgado " (1997) e " O corazón portugués " (2000, finalista do Premio Eixo Atlántico). No 2002 sacou á luz " Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada " , e no 2003 a biografía " Carlos Casares " . Como fotodocumentalista é autor dos ensaios fotográficos " Aceiro sobre a auga " (1992) e " As Pontes " (2003), dedicados ao mundo da construción naval, ás transformacións sociais e ás intervencións na paisaxe das minas de carbón a ceo aberto. No ano 2001 recibiu das Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memoria polo seu ensaio fotográfico " A escura terra de Escandoi " , no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario. Como conferenciante, interviu en diversos foros, sempre arredor do tema central da súa literatura: a convicción de que «a Terra que aínda ve a Deus nos ollos dos vencidos non é o lugar onde o mundo remata, senón o faro que alumea cantos mundos hai».

    Sinopsis

    Información no disponible