Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Med...
Leer descripción completa
19,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".
Lionel Rexes (París, 1971), formado na Universidad Autónoma de Madrid, reside no Alfoz do Castrodouro desde mediados da década de 1990. É autor da novela «A raíña das velutinas» (Xerais, 2017, XXIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta), do estudo paremiolóxico «Ditos e refráns do Valadouro» (2013) e de varias narracións curtas premiadas en diversos certames («Abonda que lle chamen Porto», Lonxa Literaria 2011; «Luzada», Minicontos de Outono 2011; «A patria era unha aira», Relatos de Verán-Redelibros.es, 2012; «A hucha das mazás», accésit do Lonxa literaria 2015; «Monsieur Bocskai», acccésit do Modesto R. Figueiredo 2015, e «A mortalla do demo», segundo premio do Certame Literario Concello de Ames). Con «A montaña do poeta» (Xerais, 2022) conseguiu o XXVIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Desde 2014 publica textos e artigos sobre aspectos literarios e lingüísticos no blog «Vasoiras de xibarda» (www.blogoteca.com/vasoirasdexibarda). En 2015 e 2016 foi organizador do encontro estival de escritores Ponte Literaria.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión