POR FIN UNHA COLECCIÓN DE LIBROS DE AVENTURAS E MISTERIOS PARA NENAS E NENOS CURIOSOS.
Con fantásticas ilustracións a toda cor. A partir de 7 anos.
-------------------------------------------------------
A PEDRA VERDE (Txano e Óscar Nº1)
Ola! Eu son Txano, e o meu xemelgo fraternal chámase Óscar.
Algunha vez viches caer un meteorito? Pois nós si...
Nunha excursión, a comezos do verán, unha enorme bóla de lume atravesou o ceo diante dos nosos fociños e... estrelouse no bosque!
Si, ben sei que o lóxico sería liscarmos de alí a fume de carozo na dirección contraria, pero non o fixemos e fomos na súa procura. E atopámola.
Era unha estraña pedra verde.
O segredo que se agochaba detrás do seu resplandor mudounos a vida para sempre.
Vés descubrilo connosco?
--------------------------------------------------------
Literatura infantil de calidade con historias e personaxes actuais. A maxia, os superheroes, os drones, Internet ou os videoxogos son referentes cos que os nenos e nenas poden identificarse facilmente.
Máis de 130 páxinas de diversión, de aventura e de misterio con ilustracións en cor. Txano, Óscar e as súas amigas e amigos adoran os misterios e, en cada libro, dedícanse a resolver aqueles que se cruzan no seu camiño.
Libros publicados na colección:
- A pedra verde (Txano e Óscar 1)
- Operación Sabuxo (Txano e Óscar 2)
- O dragón de xade (Txano e Óscar 3)
- O segredo do pobo dogón (Txano e Óscar 4)
- O conxuro escarlata (Txano e Óscar 5)
- Os veciños subterráneos (Txano e Óscar 6)
- A tumba do emperador tigre (Txano e Óscar 7) - Pronto
- A dobre aguia (Txano e Óscar 8) - Pronto
- Misión Aurora (Txano e Óscar 9) - Pronto
- A gaiola de cristal (Txano e Óscar 10) - Pronto
- Unha aperta para SUSI (Txano e Óscar 11) - Pronto
- Ollos no ceo (Txano e Óscar 12) - Pronto
Que disfrutes de la lectura!
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión