«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos....
Más información
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»
A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas ''22 segundos'' (2017), ''Memoria do silencio'' (2019) e ''A ladroa da biblioteca de Meirás'' (2022), coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, así como o álbum ilustrado por Víctor Rivas ''Dez gatiñas viaxeiras'' (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums ''A lavandeira de San Simón'' (Xerais, 2020) e ''Cando leo'' (Xerais, 2022).
Más títulos de Mejuto, Eva
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información
aquí
o cambiar la
configuración.
Valoraciones y comentarios
No hay comentarios, sé el primero en comentar