Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de "A dúbida" desenca...
Leer descripción completa
19,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de "A dúbida" desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
En "A dúbida" a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.
María Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción.
Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa.
Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013), en coautoría con Olga Castro, E "A casa do amo" (Xerais, 2024).
Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023.
Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019).
Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión