A cidade dos Césares
A cidade dos Césares

A cidade dos Césares

Fernández Freixanes, Víctor

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-8302-841-4
Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ignotas da Patagonia para levantar no sur do novo continente poboacións e... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Edición Literaria - Narrativa
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-8302-841-4
EAN:
9788483028414
Dimensiones:
220 x 145 mm.
Peso:
606 gramos
Nº páginas:
408
Fecha publicación :
01-07-2002
Disponible en 2 librerías

Dónde encontrar "A cidade dos Césares"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 2 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "A cidade dos Césares"

    Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ignotas da Patagonia para levantar no sur do novo continente poboacións e asentamentos " cos que el-Rei don Carlos III das Españas ha de defender os seus reinos, ameazados pola cobiza do inglés e e a furia dos inimigos " , segundo rezaban as ordes do ministro Floridablanca e o marqués da Sonora, inspiradores da experiencia. Esta " Expedición das familias " , que foi como se denominou a aventura, movilizou fundamentalmente xentes de Galicia, de León e de Asturias, labregos " de probada conducta " , para afincar os establecementos patagónicos: San Xosé, Porto Desexado, San Xulián, Nosa Señora do Carme..., e constitúe de feito a primeira emigración masiva de galegos o novo mundo, o principio dunha longa diáspora. Freixanes volve, pois, sobre algunhas das súas constantes: a utilización da Historia como materia narrativa, e propón nas páxinas desta novela un canto épico ás nosas xentes, homes e mulleres de humilde condición, pilotos, oficiais, exploradores, intendentes, capitaneados por don Xoán De la Piedra, primeiro responsable da expedición. Novela de aventuras e de reflexión, de intenso alento épico e escollidos momentos de lirismo, na que o lector viaxa da man dun difunto, o piloto noiés Basilio Vilariño, por algúns dos episodios máis fascinantes e menos coñecidos da nosa Historia.

    Más sobre

    Fernández Freixanes, Víctor

    Víctor Fernández Freixanes, naceu en Pontevedra o 24 de agosto de 1951. Doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é catedrático de xornalismo en Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e director da Editorial Galaxia. A súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) é un dos maiores fitos da literatura galega actual. Saber máis »
    Más títulos de Fernández Freixanes, Víctor
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario