Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun ba...
Leer descripción completa
19,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día.
Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa que nos apreixará dende a primeira páxina.
Santiago Lopo (Vigo, 1974) é escritor, profesor e tradutor. Como narrador publicou «Game Over» (2007, VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Peaxes» (Xerais, 2009), «Hora zulú» (2012, XXIV Premio de novela García Barros), «A Diagonal dos Tolos» (2014, VIII Premio Narrativa Breve Repsol), «A voz das nereidas» (2016), «A arte de trobar» (2017, Premio Xerais de Novela) e «A carteira» (Xerais, 2021).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión