Premio Torrente Ballester 2018
Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun mo...
Leer descripción completa
22,00€
Solo quedan 1
Información
Descripción
Premio Torrente Ballester 2018
Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, pasando polo Madrid da bohemia literaria e mesmo polo Flandres da Primeira Guerra Mundial, o lector pode atopar non só unha aparente novela histórica senón tamén unha novela bélica, unha novela bizantina, unha novela de iniciación, unha estudantina, un Künstlerroman, mesmo unha novela erótica, unha policial e, por se iso fose pouco, o que parece unha novela de fantasmas.
Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados. A través das súas peripecias coñecemos as circunstancias que nalgún momento han acabar por configurar, queirámolo ou non, a sociedade actual.
Xabier López López (Bergondo, 1974) reside en Betanzos desde hai dúas décadas. A súa primeira novela foi Biff, Bang, Pow! (1997). No ámbito infantil e xuvenil publicou tamén A vella quenlla perde os dentes (2005), Cando Artur non era rei (2012) e Son un can! (2013). Como narrador para adultos deuse a coñecer con Doutor Deus (1999), á que seguiron O caderno (2001, Premio Risco de Literatura Fantástica), O mono no espello (2002, Premio Lueiro de Novela Curta), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003, Premio García Barros e Premio da Crítica Española), Trinta e dous dentes (2007), 1989 (2013) e Cadeas (Premio Xerais 2013). A súa obra está traducida ao castelán e portugués.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión